13 dec 2022

A Xunta participa na estrea do documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”

 O evento tivo lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións e contou cunha axuda do Goberno galego ao abeiro do programa O Teu Xacobeo

 

 O director da S.A de xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso De la Campa, asistiu á estrea do documental sobre “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”, no seu cabodano.

O evento tivo lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións e contou cunha axuda do Goberno galego ao abeiro do programa O Teu Xacobeo. Unha convocatoria de axudas creada no ano 2019 co obxectivo de involucrar á poboación galega na celebración do dobre Ano Santo 2021 – 2022 a través de proxectos socioculturais que xiraron en torno á temática do Xacobeo. A Xunta destinou a esta iniciativa máis de 9,5 millóns de euros que beneficiaron a case 700 proxectos.
 
Grazas a este programa, leváronse a cabo diversidade de actuacións para a celebración do Xacobeo en todo o territorio a través de proxectos, que apostan por formatos pequenos, e pola dixitalización, e que abarcaban diferentes ámbitos como o social, deportivo, cultural ou audiovisual.
 
Arriba