28 mar 2023

O Consello da Xunta aproba o Plan director dos Camiños de Santiago que guiará as actuacións nas rutas xacobeas ata a celebración do próximo Ano Santo

 Este novo Plan Director marca a folla de ruta a seguir co obxectivo de protexer o Camiño para garantir a pervivencia da súa identidade e a posta en valor do seu patrimonio cultural e natural

Traza os obxectivos de traballo cara á celebración do vindeiro Ano Santo, en 2027, fixando as liñas estratéxicas co obxectivo de preparar Galicia para o seguinte Ano Santo
 
Amplía os obxectivos do Plan Director 2015-2021 e está estruturado arredor de 17 liñas de actuación e 98 accións dirixidas a protexer e preservar o Camiño de Santiago
 
Duplica o orzamento respecto do anterior, acadando os 141,4M€
 
O Camiño de Santiago bate récords de peregrinos,

 O Consello da Xunta aprobou  o Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027 que guiarás as actuación nas rutas Xacobeas ata o vindeiro Ano Santo.

Este Plan marcará as directrices para a conservación do Camiño de Santiago, dende melloras no trazado, sinalética, conservación e acollida ata os aspectos relativos ao seu estudo como fenómeno de carácter único e singular. Duplica o orzamento con respecto ao anterior acadando os 141,4M€.

Nace coa finalidade establecer as medidas precisas para dar resposta aos retos que afronta a ruta xacobea no horizonte dos próximos cinco anos co obxectivo de darlle resposta a estes retos a través de distintas propostas de actuación que se levarán a cabo no Camiño, no marco dunha aposta pola preservación do seus valores e pola busca da excelencia, sempre baixo criterios de sustentabilidade, accesibilidade e universalidade que definen o propio fenómeno da peregrinación a Santiago de Compostela. Traza os obxectivos de traballo cara á celebración do vindeiro Ano Santo, en 2027, fixando as liñas estratéxicas co obxectivo de preparar Galicia para o seguinte Ano Santo.
 
Este Plan amplía os obxectivos do Plan Director 2015-2021, englobando 7 retos globais artellados arredor de 17 liñas de actuación e 98 accións dirixidas a protexer e preservar o Camiño de Santiago. Os retos a abordar son o valor patrimonial dos Camiños: dixitalización e sustentabilidade; os camiños: promoción de itinerarios e variantes e a súa conexión internacional; a experiencia de usuario/a do peregrino/a e novas fórmulas innovadoras; a mellora da gobernanza; a mellora nos servizos dos Camiños de Santiago: igualdade, inclusión e diversidade; a aposta polos produtos locais e implicación da veciñanza; e a potenciación de todos os roteiros de peregrinación recoñecidos.
 
Galicia ten no Camiño de Santiago un elemento estratéxico para o seu posicionamento como destino turístico, xa que o Camiño non só fixa a imaxe máis recoñecible fóra de Galicia senón que tamén funciona como dinamizador socioeconómico dos territorios polos que pasa e xerador dun amplo catálogo de produtos turísticos diferentes e únicos cos que estamos construíndo a nosa oferta. Por iso, dende a Xunta a premisa é seguir garantindo o seu coidado como fenómeno de peregrinación en todo o que atinxe ás súas infraestruturas do trazado e da acollida.
 
Arriba