16 mai 2023

A Xunta participa na presentación da novena edición de “Estrelas no camiño” que este ano reune a 33 chefs con 72 Estrelas Michelin

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do evento xunto o promotor do evento solidario e copropietario de Casa Barqueiro, Rogelio Rial; o presidente da Asociación Galega de Síndrome de X Fráxil, Nicolás González; e os chefs Manuel Costiña e Federico López

Este ano destina a súa recadación á Asociación Galega de Síndrome de X Fráxil
 
Nava Castro incidiu en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade
 
Estrelas solidarias no Camiño.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou xunto o promotor do evento solidario e copropietario de Casa Barqueiro, Rogelio Rial; o presidente da Asociación Galega de Síndrome de X Fráxil, Nicolás González; e os chefs Manuel Costiña e Federico López, na rolda de prensa de presentación de “Estrelas Solidarias no Camiño 2023", que nesta edición reunirá a 33 chefs con 72 Estrelas Michelin.

Nava Castro destacou o potencial enogastronómico de Galicia e incidiu en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade, xa que este evento solidario reúne a  profesionais de recoñecido prestixio da cociña. Este ano destina a súa recadación á Asociación Galega de Síndrome de X Fráxil.

 

 

“Galicia é unha potencia mundial en turismo debido aos recursos tan espectaculares como os que nos aportan as nosas augas e as nosas terras. Gracias a accións como a que estamos a presentar, permítenos facer visibles os valores que máis e mellor definen a Galicia: gastronomía, patrimonio, cultura, Camiño de Santiago e, sobre todo e por encima de todo, solidariedade”, indicou Nava Castro.

 

No marco do acto, a directora de Turismo destacou a importancia que ten para Galicia poder contar con este evento e seguir poñendo o Camiño de Santiago como un referente onde poder desfrutar das paisaxes, da cultura, do patrimonio e como non, da gastronomía.

 
Arriba