02 xan 2024

Xosé Merelles participa na presentación de La Vuelta 24, que contará con catro etapas en Galicia

La Vuelta

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asisitiu  á presentación oficial do percorrido de La Vuelta 24, onde Galicia volverá ter protagonismo con ata catro etapas no itinerario.  A 79ª edición comezará o 17 de agosto en Lisboa e rematará o 8 de setembro en Madrid. Durante as súas 21 etapas, contará con 10 saídas e 6 metas e visitará nove comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia.

En concreto, á Comunidade galega chegará a segunda semana de competición. A etapa 10 comezará na provincia de Pontevedra cunha xornada ente Ponteareas e Baiona. A etapa 11 será desde o Campus Tecnolóxico Cortizo en Padrón, que acollerá a saída e chegada. A xornada 12 sairá da cidade de Ourense, percorrerá parte da Ribeira Sacra e encarará a ascensión final á Estación de Montaña de Manzaneda. A despedida de Galicia chegará cunha última etapa de montaña entre Lugo e o Porto de Ancares, na xornada 13.

 
Arriba