01 xuñ 2024

Monterrei pechou a pasada fin de semana a exitosa edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ das Rutas dos Viños

Monterrei

A Ruta do Viño de Monterrei pechou o fin de semana pasado a exitosa edición deste ano da Primavera de Portas Abertas das rutas dos viños que se celebrou no último mes con éxito de participantes nas distintas denominacións de orixe. 

 
En concreto, foron un total de 14 os establecementos participantes, entre adegas, restaurantes e establecementos de aloxamento e circularon buses do viño desde Vigo, Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña para desprazarse á denominación de orixe.
 
Entre as actividades realizadas destacaron actividades como observación astronómica acompañada dunha cata de viños da Denominación de Orixe da zona, visita á acrópole de Monterrei, a ruta dos lagares rupestres no concello de Oímbra, ou unha actividade de cata degustación multisensorial de mel por parte dun produtor local, que permitiu descubrir as curiosidades do mundo do mel neste territorio. 
 
Esta foi última fin de semana do programa, que comezou na denominación de orixe de Valdeorras. En total, esta nova edición de Primavera de portas abertas conta con  máis de 60 actividades e 100 establecementos participantes. Entre as novidades deste ano, ampliouse o Bus do Viño ao incorporar a cidade de Ferrol entre as saídas, que se suma A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ponferrada.
 
Arriba