03 xuñ 2024

Xosé Merelles e a Asociación do Camiño de Inverno estudan vías de colaboración para a promoción da ruta

Encontro con varios representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro con varios representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago para abordar novas vías de colaboración que contribúan a impulsar a promoción e divulgación deste itinerario. 

 
Como explicou Xosé Merelles, a acción enmárcase no traballo da Xunta de Galicia recollido no Plan Director dos Camiños de Santiago 2023-2027 por traballar na diversificación dos distintos itinerarios xacobeos e contribuir a que a chegada de peregrinos estea repartida por todo o territorio galego. De xeito paralelo, o Goberno autonómico ten xa previsto un investimento que superará o millón de euros para sinalización, mantemento e conservación deste trazado este 2024.
 
Arriba