05 xuñ 2024

A Xunta reforza a seguridade dos peregrinos no Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras

Colocación dunha barandilla de madeira de 350 metros de lonxitude neste treito

Turismo de Galicia vén de realizar obras de mellora nun tramo do Camiño de Inverno ao seu paso polos concellos ourensáns de Vilamartín de Valdeorras e A Rúa co obxectivo de mellorar a seguridade dos peregrinos que habitualmente o transitan.

 
Concretamente, véñense de rematar a colocación dunha barandilla de madeira tratada de 350 metros de lonxitude neste treito que salva o desnivel existente e mellora a seguridade. Esta actuación súmase ás realizadas uns meses atrás no Camiño de Inverno que permitiron actuar nun total de 500 metros do percorrido.
 
As actuacións enmárcanse no traballo levado a cabo pola Xunta de Galicia para velar polo mantemento e conservación dos distintos itinerarios xacobeos ao abeiro do Plan Director dos Camiños de Santiago 2023-2027 no horizonte do vindeiro Ano Santo, no que se fixa seguir traballando na diversificación e desestacionalización da ruta. No caso do Camiño de Inverno, a previsión é a de contar con 1M€ para mantemento e conservación durante este ano.
 
No que vai de ano, un total de 881 peregrinos xa realizaron este itinerario xacobeo, un que permite coñecer as comarcas de Valdeorras, Ribeira Sacra e Deza.
 

 

Arriba