25 xuñ 2024

Xosé Merelles pon en valor o papel do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en verán

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, ao Festival Espírito Ribeiro coma unha proposta que mestura música, enoturismo e patrimonio, e unha “fórmula de éxito para contribuír á diversificación do turismo durante este verán”, obxectivo primordial da Xunta de Galicia.

Neste sentido, Xosé Merelles destacou a aposta que está a realizar o Goberno autonómico polo enoturismo e a enogastronomía e que se constata en iniciativas como o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia deseñado pola Xunta de Galicia con fondos europeos Next Generation que inclúe estratexias en destino como a do Ribeiro-O Carballiño cun investimento global de 1,5M€, executarase nos tres concellos que acollen o Festival Espírito Ribeiro.

O director de Turismo de Galicia fixo estas declaracións na presentación do Festival Espírito Ribeiro que se desenvolve en Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño os días 28, 29 e 30 de xuño co apoio de Turismo de Galicia. No acto lembrou a boa resposta que teñen en Galicia as actividades vinculadas co enoturismo e subliñou que o Festival Espírito Ribeiro “reúne moitos elementos cos que traballamos no noso modelo turístico, entre elas, que contribúe, tamén, a dinamizar o noso rural”.

O Festival Espírito Ribeiro chega á súa cuarta edición combinando música, gastronomía e viticultura aderezada por unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos ourensáns. Nesta ocasión, o artista Pancho Varona será o embaixador deste evento e encargarase de poñer as notas musicais a unha cita da que se agarda un gran éxito de participación.

Arriba