16 set 2024

Turismo de Galicia recibe no Obradoiro un grupo de mulleres da Asociación de cancro de mama do Morrazo que realizou a Ruta Traslatio remando en trainera

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu hoxe na praza do Obradoiro un grupo de participantes na iniciativa Embarca na aventura de vivir impulsada pola S.De Tirán, e a Asociación de Persoas Afectadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (ADICAM) do Morrazo. As participantes realizaron durante este mes o reto de facer a Ruta Traslatio remando en trainera, como parte da súa recuperación. Comezaron o pasado 7 de setembro en O Grove e remataron hoxe facendo unha andaina na derradeira etapa do Camiño Portugués. 

O director de Turismo de Galicia deulles a benvida e salientou a importancia de preservar os do Camiño de Santiago para contribuir á visibilización e sensibilización en actos como este. Ademais de perseguir a recuperación física e mental das mulleres afectadas por cancro de mama mediante exercicios que melloran a mobilidade despois da cirurxía, o proxecto Embarca na aventura de vivir tamén promove o benestar mental mediante o exercicio en grupo ao aire libre e preservar e potenciar a práctica do remo afondando tamén nos valores xacobeos.
 
Arriba