Xosé Merelles participa na procesión das Mortallas que suma singularidade á oferta turística de Galicia durante o mes de setembro
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou no acto central das Festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal. As festividades contan coa declaración de Interese Turístico Galego que suman en toda Galicia máis de 140.
A celebración ten unha longa tradición, con raíces que se remontan ao século XV e é mencionada por Valle-Inclán nas súas ‘Comedias Bárbaras’. O feito de celebrarse no mes de setembro contribúa a desestacionalizar a oferta turística de Galicia.
A procesión das Mortallas, unha das de maior asistencia en Galicia, acompaña á imaxe do Nazareno no seu percorrido por distintas zonas da vila. O característico do desfile é a presenza de cadaleitos dos ofrecidos, acompañados polos seus familiares e moitos vestidos co seu hábito mortuorio. A procesión partiu do templo parroquial de Santiago do Deán, acompañada por distintas agrupacións musicais, para rematar cunha misa cantada.