29 ago 2024

O director de turismo e o delegado da Xunta en Ourense asisten á saída de La Vuelta en Ourense

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiron a saída da 12ª etapa de La Vuelta que transcorre ao longo de 137,5 km desde Ourense ata a Estación de Manzaneda, co apoio da Xunta. Trátase da primeira proba ondulada con final en alto.

La Vuelta continúa así o seu percorrido por terras galegas, contribuíndo á internacionalización do destino. Nesta 79 edición conta con catro etapas nas catro provincias galegas que suman un total de 500 quilómetros percorridos por toda a Comunidade. A proba ten a diario 1,3 millóns de espectadores que a seguen a través da televisión e outro 1,8 millóns de persoas que o fan nas redes sociais.

Arriba