31 ago 2024

A Xunta participa na Feira da Istoria en Ribadavia, unha das nove de Interese Turístico Nacional

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron na Festa da Istoria, unha das nove declaradas de Interese Turístico Nacional coas que conta Galicia e que conta co apoio do Goberno autonómico. A cita congregará ata o domingo milleiros de persoas que se somerxen no pasado medieval da vila e funciona como importante reclamo turístico de verán galego.

Ribadavia muda estes días -30, 31 de agosto e 1 de setembro- ao medievo cun programa no que non faltan o típico mercado medieval, concertos de música da Idade Media, recoñecementos públicos cos denominados ‘Notables da Istoria’, apertura das Portas do Castelo con xogos e animacións e bailes medievais, entre outras atraccións que se desenvolven nas tres xornadas que dura esta festa. Ademais, esta celebración ten continuación durante todo ano en Ribadavia con diferentes actividades como cursos, concurso, talleres e presentacións.

Arriba