08 out 2024

A Xunta salienta a capacidade do Camiño Inglés para estreitar lazos entre Galicia e Inglaterra

O director de Administración e Relacións cos Amigos do Camiño de Santiago do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, participou en Durham, Inglaterra, no acto conmemorativo de descubrimento dunha mouteira onde puxo de manifesto a capacidade que está a ter o Camiño Inglés para contribuír a estreitar lazos entre Galicia e Inglaterra.

Como explicou, trátase dun itinerario cada vez máis transitado, que está a medrar a un ritmo do 16%. A día de hoxe, máis de 25.300 peregrinos recolleron a Compostela despois de realizar esta ruta e posiciónase como o cuarto máis percorrido. Tamén salientou o traballo da Xunta de Galicia para seguir promocionándoo e poñéndoo en valor de cara ao Xacobeo 2027 da man do Plan Director dos Camiños de Santiago.

Arriba