Xosé Merelles salienta a capacidade do Campionato de España de Surf para reforzar o modelo turístico sostible de Galicia
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou en A Coruña na presentación do Campionato de España de Surf 2024 categoría Open, que se pon en marcha co apoio da Xunta de Galicia. Como indicou, se enmarca na aposta do Goberno autonómico pola sostibilidade turística no marco da Estratexia de Turismo de Galicia 2030. Precisamente, as accións vinculadas coa sostibilidade supoñen o 34% do orzamento total desta planificación. “Buscamos reforzar un turismo sostible co obxectivo de que a poboación galega perciba o turismo como un factor de crecemento da economía”, afirmou.
O Campionato de España de Surf 2024 categoría Open, está incluído no Plan Ordinario de Sostibilidade Turística A Coruña Sostible e Dixital e, como dixo, “é unha proposta que, de seguro, vai contribuír a seguir atraendo visitantes e dinamizando turisticamente a cidade fóra de temporada alta”, asegurou.
Precisamente, referíndose ao comportamento turístico na cidade de A Coruña, Xosé Merelles salientou que no que levamos de ano recibiu máis de 300.000 viaxeiros que fixeron máis de 630.000 noites, o que se traduce nun crecemento do 3% e acadando “a cifra de demanda turística máis elevada dos últimos cinco anos”. “Ademais destaca o peso do turismo internacional, que supón o 25% da súa demanda turística”, engadiu.
Propostas complementarias
O Campionato de España de Surf 2024 categoría Open desenvolverase na cidade herculina desde este venres ata o domingo e contará ademais da competición deportiva, con propostas complementarias de ocio con concertos e diferentes actividades e zona gastronómica. A cita deportiva terá lugar na praia do Matadero e desenvólvese baixo ou nome de A Coruña King and Queen of the Bay, reunindo aos mellores surfeiros e surfeiras de España, que loitarán polo título de campión e campioa de España 2024.
En total, está prevista a participación de 32 e 16 chicas que competirán nunha única categoría individual: Open (masculino e feminino). Todos os participantes son españois, dos cales 11 proceden de Galicia, 7 do Principado de Asturias, 10 de Cantabria, 12 do País Vasco e 8 das Illas Canarias. Entre os participantes atópase o deportista olímpico Andy Criere.