Galicia consolida a desestacionalización turística cun incremento de viaxeiros do 10,8% en novembro
O segmento hoteleiro de Galicia vai pechando 2024 con niveis de demanda que consolidan catro anos consecutivos de variación positiva nos once primeiros meses do ano. Así, en novembro, con 299.163 viaxeiros aloxados nos hoteis galegos e 561.267 noites, o que supón uns incrementos do 10,8% 11,2%, respectivamente, o destino galego consolida así a súa estratexia de desestacionalización acadando incrementos en meses fóra de tempada.
Segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), estímase que o sector hoteleiro acadou uns ingresos totais nominais en novembro de máis de 22,7M€, rexistrando un incremento con respecto ao mesmo mes o ano pasado do 10,5% e superando tamén os niveis previos á pandemia.
Por mercados, o 79% do peso corresponde ao nacional, segmento no que ten un maior peso o de residentes noutras Comunidade Autónomas representando o 47,4%, fronte ao dos residentes en Galicia que absorbe o 31,3%. Por Comunidades, os viaxeiros que máis viaxaron a Galicia foron os residentes en Madrid que supoñen o 12,9%, seguidos de Castela e León, que supoñen 5,7%, e Andalucía cun peso do 5,1%.
No que atinxe ao mercado internacional, en novembro incrementouse o 22% e logrou consolidar catro anos consecutivos de crecemento da demanda nese mes. Acadou ademais un máximo da serie histórica con 120.000 noites e sobrepasando o umbral das 100.000 noites neste mes do ano. Os países de procedencia nos que máis medrou a demanda foron Portugal, cun incremento do 45,6% e Estados Unidos cun incremento do 23%.
Comportamento xaneiro-novembro
Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos once primeiros meses do ano, que sobe un 7,1% cuns uns ingresos totais nominais estimados en máis de 413M€ de euros neste período. Estas cifras superan aos niveis previos á pandemia (2019) e marca a cifra más elevada na serie histórica.