Xosé Merelles e os alcaldes de Vilariño de Conso e Viana do Bolo analizan proxectos de promoción dos recursos turísticos da zona
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro cos alcaldes de Vilariño de Conso e de Viana do Castelo, Melisa Macía e Andrés Montesinos, con quen abordou distintos aspectos turísticos desta comarca de Viana. Entre eles, intercambiaron proxectos e iniciativas relacionadas co patrimonio natural e cultural, a tradición e o impulso ao turismo rural como dinamizador do territorio.
Ademais, os rexedores ourensáns presentáronlle a programación do Festival Internacional Mascarada Ibérica ‘ViBoMask’ que terá lugar en maio e que congregará a 50 manifestacións participantes chegados de toda a Península Ibérica. Esta cita estase a converter na maior concentración de mascaradas do territorio nacional e portugués, espertando o interese polo seu gran valor etnográfico e cultural.