Rueda reivindica o turismo sostible e de calidade como piar da economía galega
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración oficial do Hotel Faro Silleiro, situado en Baiona (Pontevedra), unha infraestrutura emblemática que converte un espazo histórico e singular nunha proposta baseada no turismo sostible e diversificado.
Rueda destacou que este proxecto como un símbolo de Galicia: orgullosa da súa identidade, que aposta pola recuperación do patrimonio e que sabe crecer sen perder a alma. A intervención supón a culminación dun proceso comezado en 2021 coa rehabilitación do faro principal do enclave, que se suma á transformación previa do faro pequeno na Taberna Atlántica.
A Xunta destinou preto de 578.000 euros procedentes de fondos europeos Next Generation para levar a cabo a intervención, que insire un modelo que, segundo o xefe do Executivo galego, baséase na sustentabilidade, na cohesión territorial e na posta en valor do rural.
O presidente salientou o feito de que o novo hotel se sitúe no Camiño Portugués pola Costa, o terceiro itinerario máis transitado do Camiño de Santiago, con máis de 75.000 peregrinos en 2024. O turismo galego rexistrou máis de 8,3 millóns de visitantes o ano pasado. Un sector que representa o 11% do PIB autonómico e que xera máis de 130.000.
Rueda concluíu louvando a excelencia do proxecto, destacando que é froito do traballo ben feito e de unha boa planificación, e comprometeuse a seguir apoiando o sector turístico cun modelo sostible, rendible e desestacionalizado, que inclúe liñas de axudas por 20 millóns de euros en 2025.