28 abr 2025

Xosé Merelles estuda accións de colaboración coa Asociación Galega da Propiedade Balnearia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión co xerente da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, Benigno Amor, con quen avaliou distintas liñas de colaboración no marco do desenvolvemento do Plan de Turismo Termal de Galicia.

Xosé Merelles agradeceu o traballo que está a realizar esta entidade a prol de consolidar Galicia como una potencia no ámbito do turismo de saúde e benestar e subliñou que o  termalismo é fundamental para seguir atraendo turistas a Galicia.

Arriba