O delegado territorial da Xunta participa na presentación da 8ª edición de ‘Sportur Galicia’, o Salón do Deporte e Turismo Activo
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na presentación da oitava edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo, edición especial centrada en Xogos Deportivos que buscan a inclusión.
Nesta cita, que se desenvolverá en Expourense entre o 22 e o 24 de maio, compartirán espazo clubs dunha quincena de disciplinas deportivas con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión.