A Xunta e a Secretaría de Estado de Turismo supervisan os proxectos europeos en materia turística que se executan en Galicia
O director de Turismo e Galicia, Xosé Merelles, participou xunto con responsables da Secretaría de Estado de Turismo nunha das reunións de seguimento e supervisión da execución de programas europeos que se están a desenvolver en distintos puntos do territorio galego. Estas iniciativas están cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
As reunións de traballo discorreron este luns e continuarán mañá martes cos equipos técnicos dos plans territoriais de desenvolvemento de destino de Muros-Noia; Condado Paradanta (Deputación Provincial de Pontevedra e GDR); Pontevedra, A Guarda; Mar de Santiago; Ribeiro-O Carballiño; Ribeira Sacra; Barbanza Arousa; Betanzos e Vigo.