01 xuñ 2025

A Xunta aposta por un Camiño de Santiago cada vez máis accesible, integrador e inclusivo

“Desde a Xunta de Galicia estamos a traballar por facer una Camiño cada vez máis accesible, integrador e inclusivo”. Así o puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, tras recibir na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que rematou o Camiño de Santiago grazas ao apoio prestado por un vehículo adaptado financiado pola Administración autonómica.

 

Xosé Merelles lembrou que a mellora da accesibilidade foi, precisamente, foi unha das prioridades na elaboración e deseño do Plan Director dos Camiños de Santiago na Comunidade de Galicia 2022-2027, que conta cun investimento global de 140M€.

 

Neste sentido, o documento de traballo de cara ao vindeiro xacobeo 2027 marcou como obxectivo avanzar na procura da accesibilidade universal e tamén na dotación de infraestruturas de acollida adecuadas.

 

Así, segundo lembrou o director de Turismo de Galicia, “a accesibilidade está recollida de forma explícita en dúas das sete liñas estratéxicas principais do Plan” e salientou as actuacións do seu departamento na rede pública de albergues do Xacobeo para renovar e adaptar estas instalacións que prevé un orzamento total ata 2027 de 5M€.

Arriba