Aínda quedan prazas para as saídas dos Trens Turísticos de Galicia deste verán e outono
A campaña de Trens Turísticos da Xunta de Galicia sigue o seu percorrido este mes de xullo de xullo con varios dos traxectos practicamente vendidos, o que da mostra da excepcional acollida deste produto turístico deseñado por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico – INORDE, dependente da Deputación de Ourense. Cun nivel xeral de ocupación do 71,4%, aínda quedan billetes sobre todo para as saídas de agosto, setembro e outubro.
Están á venda a totalidade dos traxectos que compoñen o programa de Trens Turísticos de Galicia están. As persoas que queiran gozar desta experiencia singular, que une o desprazamento en tren con visitas a lugares senlleiros da comunidade, teñen aínda oportunidade de comprar o seu billete para os traxectos nos que quedan prazas.
Quedan aínda billetes para os trens das Rutas de Monterrei con saída prevista o 16 de agosto, a dos Pazos, con saídas o 19 de xullo e o 20 de setembro; Valdeorras, con saída o 30 de agosto e o 27 de outubro; Ribeiro, con prazas para o 26 de xullo; Ribeira Sacra polo Miño, para o 9 de agosto e o 20 de setembro; a dos Queixos, o 26 de xullo e o 4 de outubro, e a das Mariñas, con saída o 23 de agosto.
Pola contra, dous traxectos teñen xa o 100% de prazas cubertas. Trátase da Ruta dos Faros, que ten pendentes viaxes o 19 de xullo, 2 e 30 de agosto e 6 de setembro, con 64 prazas cada unha. Esta ruta realizou xa viaxes o 7 de xuño e o 5 de xullo e, en total, logrou una ocupación do 98,4%, sendo polo de agora a que mellor desempeño rexistrou. O segundo traxecto xa vendido foi a Ruta dos Mosteiros, que saiu este sábado con 100 persoas a bordo e que, con outra viaxe xa realizada o 14 de xuño, ten unha porcentaxe de ocupación sobre a oferta do 92,5%.
Tamén está xa case vendida a Ruta das Rías Baixas que, a falta da viaxe do 9 de agosto, constata xa un 100% de ocupación. Foi, ademais, un dos traxectos que colgou o cartel de completo no mes de xuño, cunha viaxe o día 28 con 100 prazas vendidas. Cubriuse tamén este mes o da Ribeira Sacra polo Sil, con saídas o 7 e o 21 de xuño nas que se ofertaron 52 prazas en cada saída. A Ruta das Camelias, xa finalizada, cubriu o 93,5% de prazas ofertadas.
Pódese atopar toda a información sobre este produto turístico en www.turismo.gal