A Festa da Vendima de Leiro encardínase na proposta dun turismo respetuoso e sostible que impulsa a Xunta
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, na inauguración da Festa da Vendima de Leiro, declarada de Interese Turístico da comunidade. A celebración inclúe un desfile de carrozas con motivos que remiten aos distintos traballos relacionados co cultivo da uva e a elaboración do viño, entre outras actividades.
A Festa da Vendima de Leiro acada en 2025 a súa 34 edición, o que a consolida como unha festividade de referencia que contribúen a posicionar Galicia como un destino único, tanto pola abundancia de festividades no territorio como pola diversidade das temáticas que abranguen. Este tipo de celebracións implican tamén á poboación local na oferta turística sumándoa na consecución dun turismo respectuoso e sostible impulsado desde a Xunta de Galicia.
Neste sentido, Turismo de Galicia vén de resolver as axudas a festas de interese turístico de Galicia, que na convocatoria de 2025 outorgou 99 subvencións de 4.000€, ata un total de case 396.000€.