22 set 2025

Xosé Merelles analiza co alcalde da Estrada a oferta complementaria local para incentivar a demanda de visitantes

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, no que exploraron distintas alternativas de cara a incrementar e potenciar a oferta turística complementaria con varios recursos do Concello e intentar xerar un maior fluxo de visitantes á Estrada ampliando a tempada de maior demanda.

Xosé Merelles e Gonzalo Louzao tamén repasaron os principais recursos turísticos do municipio entre os que se atopan as festas que teñen lugar neste concello. Entre elas, a Rapa da Bestas, declarada de interese turístico internacional; a Festa do Salmón, de interese turístico galego e a Festa da Sidra, que na última edición congregou a máis de 25 marcas de sidra de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela León; Portugal, Francia, Estonia e República Checa.

Arriba