Xosé Merelles e Javier Arias asisten á toma de posesión de Cheché Real como presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron á toma de posesión de Cheché Real que renova o seu cargo como presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalaría e Turismo.
O director de Turismo de Galicia destacou a importancia das entidades asociativas do sector que enriquecen as accións en materia turística e defendeu un diálogo construtivo e continuo entre todas as partes para continuar afianzando un modelo de xestión do destio, que xa está a dar os seus primeiros resultados en eixos coma a desestacionalización, a diversificación e a internacionalización.