06 out 2025

Xosé Merelles destaca a aposta do alumnado do CSHG por unha formación que incrementa a calidade do servizo turístico de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado polo director do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), Xosé Paz, saudaron a un grupo de primeiro curso do Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e do Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería con motivo do inicio de curso. En total, este ano están a formarse no CSHG 290 alumnos, un 19 % máis que no curso pasado, dos cales 100 matriculáronse no primeiro curso do grao e 25 no Curso Superior de Cociña e Pastelería.

O director de Turismo de Galicia deulles a benvida a estes estudos, agradecéndolles que se decantasen por esta formación cunha alta demanda no mercado laboral tanto galego, coma nacional e internacional. Neste censo lembrou, que o pasado mes de agosto, o número de afiliacións á Seguridade Social no sector turístico ascendeu a 97.119 persoas, o que supón un incremento do 1,6 % con respecto a agosto de 2024.

Xosé Merelles salientou tamén o esforzo que se vén facendo desde a Xunta de Galicia en formación de futuros profesionais do sector turístico, cada vez máis competitivo e profesionalizado, que contribúe a consolidar Galicia coma un destino turístico de calidade. “No que vai de ano, máis de 5,12 M de persoas visitaron Galicia, o que supón un 3,9 % máis que o mesmo período de 2024”, destacou aludindo ao interese que esperta esta comunidade.

Arriba