Xosé Merelles e o alcalde de Rianxo repasan a promoción dos recursos turísticos patrimoniais de Barbanza Arousa
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde de Rianxo e presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, Julián Bustelo, con quen abordou, entre outros aspectos aspectos, a importancia dos recursos patrimoniais da zona coma o Hórreo de Araño, o máis longo de maior capacidade de toda Galicia que se ten convertido nun punto de atracción de numerosos visitantes da zona.
Os dous coincidiron na riqueza paisaxística deste territorio que se constata en espazos coma o Miradoiro da Muralla, erixido sobre 678 metros de altura que permite ver toda a Ría de Arousa, a de Muros Noia e tamén as terras de Compostela. Durante a reunión, Xosé Merelles e Julián Bustelo tamén analizaron distintas accións de promoción dos recursos turísticos da Mancomunidade Barbanza Arousa.