25 nov 2025

Xosé Merelles e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e a Ruta do Viño de Valdeorras analizan futuras colaboracións enoturísticas en 2026

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño Valdeorras, Marcos Prada, con quen analizou futuras accións de promoción do enoturismo na zona de cara a 2026.

En concreto, falaron da vindeira edición da Feira do Viño de Valdeorras, da que se estudará unha posible colaboración por parte de Turismo de Galicia. Tamén analizaron polo miúdo outras actividades que desenvolverá a Ruta do Viño en 2026 como a segunda edición do Festival ‘Entre Covas’, as rutas cicloturísticas pola comarca e o programa ‘Percorre Valdeorras, experiencia enoturística e cultural’. Xosé Merelles felicitou ao organismo “polo traballo que fai por dinamizar o territorio e contribuír ao seu impulso turístico desde a promoción da tradición enoturistica”.

Arriba