A Árbore do Camiño loce de novo ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiron á instalación da Árbore do Camiño ás portas da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, na rúa Concepción Arenal. No acto tamén estiveron representantes do colectivo Discamino, da Federación Provincial de Turismo (Feprotur) e da Asociación Amigos dos Pazos.