05 dec 2025

A Xunta salienta a capacidade do novo Belén de Santa Cruz de Liáns para reforzar o atractivo do Nadal galego

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén Do Campo participaron na inauguración do Belén de Santa Cruz de Liáns, na localidade coruñesa de Oleiros. A instalación permanecerá aberta para as visitas do público desde o día 6 de decembro ao 2 de febreiro.

Durante a inauguración, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a posta en marcha deste novo belén para reforzar o atractivo do Nadal galego e destacou a importancia deste tipo de iniciativas no conxunto da programación das vindeiras semanas “coa intención de reforzar a imaxe. Merelles lembrou os esforzos da Xunta por reforzar as actividades previstas para estes días, que enmarcou dentro dos obxectivos estratéxicos do Goberno galego no referente ao turismo, nunha dobre aposta pola desestacionalización da oferta e pola súa redistribución a través de toda a xeografía galega.

Xosé Merelles insistiu ademais na necesidade de fomentar as actividades complementarias, o que dá un enriquecemento da oferta. Entre outras, apuntou ás iniciativas de turismo gastronómico, que poñen en valor o rico patrimonio galego neste aspecto, ou ás mostras que difunden a labor de artesás e artesáns da rexión.

Visita en varias sesións

O Belén inaugurado en Santa Cruz de Liáns preséntase como unha experiencia totalmente novidosa e diferente, a través dunha inmersión realista. Para a súa creación colaboraron 20 artesáns internacionais, algúns tan recoñecidos como Angela Tripi ou José Luis Mayor, que crearon as máis de 500 pezas.

En total, o conxunto ocupa unha superficie de 60 m+, localizada nunha sala de 90 m2. Pódese visitar en sesións de 30 e 60 minutos con reserva previa.

Arriba