Xosé Merelles e a alcaldesa de Ribeira estudan distintas fórmulas para a posta en valor dos recursos turísticos deste concello coruñés
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, con quen analizou distintas liñas de traballo para a posta en valor dos recursos turísticos da vila de cara a atraer máis visitantes e xerar riqueza que repercuta neste municipio.
Durante a reunión, Xosé Merelles e María Sampedro repasaron varias fórmulas de colaboración que van no camiño da revalorización das infraestruturas turísticas municipais, a promoción das festas locais e tamén o deseño e implementación de novos productos turísticos sobre a oferta existente na vila. O director de Turismo de Galicia e a rexedora de Ribeira tamén coincidiron na potencialidade deste concello para os miles de visitantes que se achegan a Galicia atraídos pola programación musical baixo a marca Concertos do Xacobeo.