A campaña turística da Xunta, finalista nos premios Forbes Travel 2026
A campaña institucional de promoción do destino E se calidade fose un lugar? da Xunta de Galicia de Galicia foi finalista nos galardóns da primeira edición dos premios de Forbes Travel que se deron a coñecer nun acto celebrado esta tarde en Madrid. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu ao evento no que se desvelaron os gañadores e nos que a comunidade galega foi seleccionada polos atributos da súa proposta creativa que situaba Galicia como un destino de calidade converténdose nunha auténtica experiencia vital para o visitante.
Forbes Travel é unha plataforma editorial especializada no sector turístico que naceu en 2024 co obxectivo de analizar e amplificar a industria turística a nivel global. Neste sentido, a campaña galega constrúe un relato que conecta identidade, territorio e viaxeiro, poñendo en valor a riqueza patrimonial, cultural e gastronómica da comunidade, reforzando o seu posicionamento do destino nos mercados nacionais e internacionais.