10 abr 2026

Xosé Merelles e o alcalde de Muíños analizan as posibilidades turísticas no eido gastronómico, deportivo e de natureza do concello ourensán

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, na que este lle trasladou algúns asuntos de interese para afondar nalgúns atractivos turísticos do concello especialmente vinculados coa natureza, o turismo deportivo e gastronómico.

Púxose de manifesto a relevancia que están a ter festividades populares como as Festas do Galo Pica no Chan, a Festa do Becerro do Xurés e a Festa das Sopas do Burro Canso, así como a outras propostas consolidadas como o Festival Muiños Dance, que celebrará este ano a súa 16ª edición. Tamén se afondou na oferta turística do concellos, así como en recursos como o centro BTT ou o complexo turístico deportivo de O Corgo. Recursos que, como indicou Xosé Merelles, están a contribuír a ofrecer un destino turístico cada vez máis diversificado e distribuído polo territorio.

Arriba