14 mai 2026

A Xunta colabora coa organización da Romaría do Bispo Santo de Foz

A Xunta de Galicia colabora cos organizadores da Romaría do Bispo Santo celebrada en Mourente, no municipio de Foz. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou durante a presentación do programa “a vixencia dunha tradición con máis de 300 anos de antigüidade, que se transmite de xeración e xeración e segue a ser un dos eventos máis populares da Mariña”.

A asociación cívico-cultural Bispo Santo deu a coñecer as actividades previstas, entre as que destaca o apartado musical; o venres actuarán as orquestras Show e Origen, o sábado o Grupo Sensación e Panorama City, e o domingo Los Satélites e Festicultores.  Tamén haberá propostas para os máis pequenos, como o espectáculo infantil de  Pulpiño Viascón.

Os actos arrancaron o pasado día 10 co pregón do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o traslado da imaxe de San Gonzalo ata a capela do monte da Grela. Rematan o domingo 24 co regreso da talla á basílica de San Martiño de Mondoñedo e a misa final.

Arriba