16 mai 2026

Turismo de Galicia patrocina o Torneo de Golf Tur43 Galicia Calidade

A directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou na inauguración dunha nova edición do Circuíto de Golf e Croquet Tur43, que dende esta edición incorporará tamén o nome da marca de garantía, pasando a denominarse Circuíto Tur43 Galicia Calidade. O campionato percorrerá nos vindeiros catro meses o noroeste da Península Ibérica, con probas en Galicia, Portugal ou Asturias.

A cita alcanza a súa sexta edición en golf e a terceira en croquet, mantendo un formato que integra competición, gastronomía e promoción territorial, pero incorporando novidades que enriquecen a experiencia. Ademáis do apoio instiucional de Turismo de Galicia, a través de Galicia Calidade, o torneo inaugura novas localizacións como o iberik Augas Santas de Pantón.

Deste xeito, o calendario arranca no Real Aeroclub de Santiago, escenario tamén da gran final que terá lugar o vindeiro 26 de setembro. Estre estas datas o circuito percorrerá algúns dos campos máis representativos do norte de España e Portugal.

A incorporación nesta edición do patrocinio de Turismo de Galicia, a través de Galicia Calidade vén a reforzar o obxectivo conxunto de reforzar a conexión co territorio e coa excelencia dos produtos que forman parte da experiencia. Nesta primeira proba, os asistentes poderán gozar dos produtos de Estrella Galicia, Cabreiroá, Queixería Barral, Pazo do Queixo, Santo André, Torre de Núñez, Sacrapastas, Tartas de la Abuela e Cabo de Peñas.

Arriba