Xosé Merelles salienta o pulo ás festas tradicionais locais como ferramentas para a posta en valor do patrimonio etnográfico galego
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na Romaría Etnográfica de Raigame, declarada festa de Interese Turístico de Galicia desde 2012 que en 2026 alcanza a súa 23 edición. Xosé Merelles lembrou o apoio da Xunta ás festas locais, que “constitúen un elemento clave na elaboración dunha programación turística variada e diversa”.
Ademais, segundo lembrou o director de Turismo, as celebracións deste tipo “contribúen de forma decisiva a implicar á poboación na planificación e xestión e, así, a mellorar a gobernanza do destino e diversificar a economía da zona”. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría Etnográfica de Raigame na continuidade de tradicións e na visibilización do propio patrimonio etnográfico, histórico e cultural.