19 xuñ 2026

O comisario do Xacobeo 2027 destaca que o proxecto ‘Noites coa Arte’ é un referente da creación contemporánea local no marco dos Concertos do Xacobeo

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, destacou na Coruña que “o proxecto expositivo ‘Noites coa Arte’ exemplifica a capacidade da cultura para crear conexións entre disciplinas e achegar a creación contemporánea á cidadanía nun formato aberto e accesible”. Ademais, salientou que “esta iniciativa contribúe a visibilizar o talento artístico local e enriquece a experiencia cultural de Noites do Porto, reforzando a aposta dos Concertos do Xacobeo por proxectos que integran diferentes expresións creativas e dinamizan a vida cultural das cidades galegas”.

Do mesmo xeito, puxo en valor iniciativas complementarias como Noites coa Arte, que este ano celebra a súa terceira edición reunindo a once artistas da escena creativa coruñesa. Segundo indicou, “esta proposta amplía o alcance do festival, ao tempo que contribúe a visibilizar o talento local e a integrar a cultura no espazo urbano”. Destacou tamén que este tipo de accións “reflicten a aposta da Xunta por unha oferta cultural diversa, innovadora e accesible, capaz de chegar a públicos diferentes e de xerar experiencias de calidade arredor da creación con selo galego”.

Arriba