Turismo de Galicia e a Asociación Empresarias Galicia analizan posibles liñas de colaboración e proxectos para a nova etapa da entidade
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión coa nova presidenta da Asociación Empresarias Galicia Gala Llano, quen asistiu para presentarse oficialmente tras o seu recente nomeamento e abordar as principais liñas de actuación previstas pola entidade nesta nova etapa.
Durante o encontro analizaron as estratexias da asociación orientadas a fortalecer o papel das mulleres no desenvolvemento do tecido empresarial. Tamén analizaron as actuacións destinadas a estreitar a colaboración entre ambas institucións, co obxectivo de explorar posibles iniciativas conxuntas que beneficien ao sector e á comunidade.