WEBINAR "DESCOBRE O PODER DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA) NA EMPRESA TURÍSTICA DE GALICIA"
Pechado
WEBINAR "Descobre o poder da Intelixencia Artificial (IA) na empresa turística de Galicia"
Inscripción no webinar: Pique aqui
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.
No contexto dun mercado turístico cada vez máis competitivo, a adopción da Intelixencia Artificial (IA) emerxe como unha ferramenta estratéxica para as PEMES. Este webinar introductorio anticipa información sobre o programa de formación que se impulsará nas vindeiras semanas e no que te poderás inscribir. A formación está deseñada especificamente para directivos, técnicos da administración e propietarios de empresas turísticas en Galicia, ofrecerá unha inmersión profunda en como a IA, incluídas as ferramentas avanzadas como ChatGPT de OpenAI e as solucións de Google IA, poden ser catalizadores de innovación e eficiencia.
Dirixido a un público proactivo e visionario, esta formación é unha oportunidade sen precedentes para que as empresas turísticas de Galicia se poidan posicionar á vangarda da innovación dixital, utilizando a IA para diferenciarse e competir no mercado actual.
Neste Webinar descubrirás:
- Os principios básicos da IA
- A interacción avanzada cos clientes
- A implementación de Google IA
- Seguridade e Normativa
DATA: Mércores, 6 de marzo de 10:00h a 12:00h
Nº PRAZAS: 100
RELATOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital, na JSF Travel & Tourism School. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps
DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen mellorar a capacidade de executar proxectos e ideas.
INSCRICIÓN
Inscripción no webinar: Pique aqui
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal