PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA AS EMPRESAS TURÍSTICAS DE GALICIA
Pechado
Prazo de Inscrición: 23 abril a 2 de maio !!
Programa
O Plan de formación Turismo de Galicia 2021 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21/22 Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao contexto de crise actual.
METODOLOXÍA
Curso Online de 18 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 9 sesións nas que os alumnos deberán asistir ao 80% das mesmas.
Ademais do contido formativo, o programa se complementa co desenvolvemento dunha “Guía para o proceso de transformación dixital” con pasos a seguir e exercicios a desenvolver.
O programa aportará aos participantes manuais e sesións en directo, centro de asistencia telefónica e un sistema de mensaxería colaborativa para favorecer o networking entre empresas
OBXECTIVOS
O programa está deseñado para dotar ás empresas turísticas do coñecemento necesario para implementar un plan de transformación dixital que permita mellorar a capacidade de adaptación aos cambios do mercado.
• Coñecer os piares básicos da transformación dixital
• Deseñar unha estratexia centrada no cliente
• Deseñar procesos de negocio implementando a tecnoloxía
• Desenvolver proxectos utilizando metodoloxías áxiles
• Implantar a cultura dixital
• Desenvolver a infraestructura de servizos IT
• Deseñar o modelo de negocio dixital
CONTIDOS
Sesión I: Definición da estratexia – 4 Maio de 12:00h a 14:00h
Sesión II: Habilitadores da Transformación Dixital – 11 Maio de 12:00h a 14:00h
Sesión III: Innovación – 18 Maio de 12:00h a 14:00h
Sesión IV: Marketing e Comercialización – 25 Maio de 12:00h a 14:00h
Sesión V: Sustentabilidade – 1 Xuño de 12:00h a 14:00h
Sesión VI: Tecnoloxía e Aplicacións – 8 Xuño de 12:00h a 14:00h
Sesión VII: Tecnoloxía e Aplicacións II – 15 Xuño de 12:00h a 14:00h
Sesión VIII: Seguridade da información e privacidade – 22 Xuño de 12:00h a 14:00h
Sesión IX: Plan de execución – 29 Xuño de 12:00h a 14:00h
DATAS:
Do 4 de Maio ao 29 de Xuño de 2021
Nº PRAZAS: 200
FORMADORES:
Juan Carlos Martínez – Seguridade
Jimmy Pons – Innovación e Sustentabilidade
Joantxo Llantada – Marketing e Comercialización
Tirso Maldonado – Estratexia e Tecnoloxía
Silvia Suárez – Soporte e Dinamización
DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos e xefes de departamento de empresas do sector turístico Galego. Profesores e consultores en turismo e hostalería. Este programa formativo está deseñado para que poidan participar varios profesionais dunha mesma empresa.
CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 18 horas de formación, as persoas que participen no 80% das sesións e presenten o traballo de fin da formación.
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.
INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal