CALIDADE TURÍSTICA

26 mai 2021

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: CERTIFICACIÓN DE CALIDADE DE ÁMBITO EUROPEO"

Pechado

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: CERTIFICACIÓN DE CALIDADE DE ÁMBITO EUROPEO"

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.

Cara a obtención  dun mellor abastecemento do canal horeca é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.

OBXETIVOS:

  • Poñer en valor a biodiversidade animal galega.
  • Dotar de ferramentas de diferenciación aos establecementos que traballen con esta filosofía.
  • Fomentar a conservación patrimonial asociada a produción agroalimentaria.
  •  

DATA: mércores, 26 de maio  ás 11:00 h


Nº PRAZAS: 100

INTERVEÑEN:

Rocío García Carregal (Relatora e moderadora)
Licenciada en Ciencias Físicas, formada en sustentabilidade na Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, traballou ao longo da súa carreira profesional en diversos proxectos relacionados co eido medioambiental. A día de hoxe exerce dende Slow Food Compostela, no que é secretaria da asociación, e onde onde traballa con proxectos de desenvolvemento no sector primario e canal HORECA. Durante este anos participou coma consultora no programa de “Agricultura Familiar” da FAO e como observadora para a ONU na COP25.
 
Coa colaboración de:

Martín Mantilla. Restaurante Berso - Sober ( Lugo)
Alba Rodil. Produtora de Faba de Lourenzá- Terras da Mariña


DESTINATARIOS:

Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou  propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
 

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

.

INSCRICIÓN:

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

Arriba