CURSO ALEMÁN TURÍSTICO BÁSICO
Pechado
Programa
Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas para que os profesionais do sector poidan mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia.
O curso de Alemán Turístico Básico, de 75 horas de formación, permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua alemá ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.
Neste curso aprenderás, dunha maneira autónoma, como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación, os nomes e outros. Aumentarás os teus coñecementos neste novo idioma para empezar a atender clientes en alemán.
METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.
NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO: A1 introdución
DATAS:
Solicitude de praza: do 3 ao 12 de maio
Confirmación admitidos: 13 de maio
Duración do curso: O curso consta de 2 períodos cunha parada en verán para repasar contidos.
1º período: do 18 de maio ao 28 de xuño
2º período: do 19 de setembro ao 28 de outubro
Nº PRAZAS: 100
FORMADORA: Eva Maria Steinbach
Eva Maria Steinbach será a titora deste curso. É alemá e leva máis que 10 anos ensinando o seu idioma en Galicia. Actualmente é a xefa do Departamento de Alemán na escola Lorca Institute
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua francesa para comunicarse con turistas e peregrinos.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.
Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final en liña na Plataforma de Turismo de Galicia, en horario libre, que poderá facer entre o mércores 2 de novembro e o venres 4 ate as 14:00 horas.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para facer a solicitude de praza: PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal