CALIDADE TURÍSTICA

03 out 2022

PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA EMPRESAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Pechado

PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA EMPRESAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

CURSO PECHADO

 

Programa

 

 O obxectivo de este programa de transformación dixital , é dotar ás empresas participantes do coñecemento necesario para implementar o proceso de transformación dixital, definir a estratexia dixital e poñer en marcha o conxunto de aplicacións e servizos necesarios para ser máis competitivo.

Este programa vai dirixido especificamente a pemes no Camiño Portugués (Camiño de Santiago) e propón un formato “blended” (presencial e en liña), ademais de exercicios prácticos para mellorar ao máximo a aplicabilidade dos coñecementos adquiridos.

Os participantes poderán facer o programa completo ou seleccionar aquelas xornadas en función das necesidades de cada empresa ou autónomo do sector turístico que opere no Camiño Portugués

 

PROGRAMA

XORNADA 1: TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA PEMES TURÍSTICAS
-Introducción ao programa
-Solución completa de Transformación dixital
-Definición do modelo de negocio
-Estratexia de marketing dixital
Data: luns 3 Outubro de 09:00h a 14:00h - Lugar: Aula CeMIT Pontevedra

XORNADA 2:  PLATAFORMA WEB
-Páxina web con Wordpress
-Posicionamento orgánico SEO
-Google Search Console
-Motor de reservas
Data: martes 4 Outubro de 09:00h a 14:00h - Lugar: Aula CeMIT Pontevedra

XORNADA 3: XESTIÓN DE CONTACTOS
-Principios básicos da base de datos
-Software CRM en cloud
-Sistema de email marketing en cloud
Data: xoves  6 Outubro de 09:00h a 14:00h - Lugar: Aula CeMIT Pontevedra

XORNADA 4: REPUTACIÓN EN LIÑA E WHATSAPP BUSINESS
-Google My Business
-Reputación online
-Whatsapp Business
-Google Analytics
Data: venres 7 Outubro de 09:00h a 14:00h - Lugar: Aula CeMIT Pontevedra

XORNADA 6 e 7: CONCLUSIÓNS E RESOLUCIÓNS DE DÚBIDAS
-Desenvolvemento de produto innovador e experiencial
-Resumo xeral das sesións
-Resolución grupal de dúbidas
-Conclusións

Xornadas en liña (Webinars)
Conexión os días 14 e 21 de Outubro de 10:00h - 12:00h

FORMADOR:  Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps

Nº PRAZAS: 28


HORARIO:
Luns,  3 de outubro  de 9 a 14  horas (Aula CeMIT Pontevedra)
Martes,  4 de outubro  de 9 a 14  horas (Aula CeMIT Pontevedra)
Xoves  6 de outubro  de 9 a 14  horas (Aula CeMIT Pontevedra)
Venres,  7 de outubro  de 9 a 14  horas (Aula CeMIT Pontevedra)

Venres,  14 de outubro  de 10 a 12  horas (WEBINAR)
Venres,  21 de outubro  de 10 a 12  horas (WEBINAR)


DIRECCIÓN :

Aula CeMIT Pontevedra.
Edificio Administrativo da Deputación
Avda. Montero Ríos, S/N 36071. Pontevedra


INSCRICIÓN

Para solicitar praza: PIQUE AQUÍ  ( ate o 29 setembro)

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

Arriba