CALIDADE TURÍSTICA

08 nov 2022

CURSO PRÁCTICO "EFICIENCIA ENERXÉTICA EN HOTEIS E RESTAURANTES"

Pechado

CURSO PRÁCTICO "AFORRO EFICIENCIA ENERXÉTICA EN HOTEIS E RESTAURANTES"

Para inscribirse no curso : PIQUE AQUÍ

  

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19 e a crise enerxética.

Por ese motivo se pon en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 cursos prácticos independentes de 3 horas de duración , as empresas poderán adquirir coñecementos e traballar con casos prácticos en materia de sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, e quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse  ás demandas dos clientes do presente e do futuro.

Neste cuarto curso de Eficiencia enerxética en hoteis e restaurantes, realizarase unha análise dos principais consumos enerxéticos, facendo unha introducción ás principais subministracións de enerxía utilizadas, así como o seu impacto na distribución económica do gasto.

Contidos:

  • Principais instalacións consumidoras de enerxía

Hoteis e Casas Rurais. Análise do impacto da climatización, auga quente sanitaria, piscinas, spas, iluminación e lavandería e cociña.
Restaurantes e Cafeterías. Análise do impacto da climatización, a iluminación e a cociña.

  • Opcións de optimización enerxética

Introdución ás distintas opcións para a optimización enerxética tanto térmica como eléctrica, facendo especial fincapé nas opcións de enerxía verde e renovable.

  • Optimización tarifaria

Introdución á análise das tarifas eléctricas para a optimización de tarifas e negociación coas distintas compañías distribuidoras de enerxía.

 

DATA: Martes, 8 de novembro de 10 a 13 h.

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). A Barcia s/n.  Santiago de Compostela 


 

Nº PRAZAS: 20


RELATORA: CORAL SOUTO DÍEZ · Enxeñeira Insdustrial
En 2008 funda a firma de enxeñería “ Seingenia ® Solucións de Enxeñería” da Coruña, desde entón vén desenvolvendo proxectos de instalacións no ámbito industrial, terciario e gran residencial. Nos últimos 10 anos especializouse na optimización enerxética das instalacións, buscando a mellora da eficiencia, así como a integración de enerxías renovables.
 
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 



PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no curso práctico e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no curso obterán un Certificado de aproveitamento da formación expedido por Turismo de Galicia

INSCRICIÓN
Para inscribirse no curso :PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

 

 

Arriba