CURSO DE INGLÉS PARA O SECTOR TURÍSTICO (50 HORAS)
Programa
Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego. O Curso myEnglish permitirá aos participantes continuar a formación ofertadas nos anos anteriores por Turismo de Galicia, ou iniciar a formación en lingua inglesa e aprender a comunicarse de modo máis efectivo con clientes e mellorar a comunicación con clientes internacionais no destino Galicia.
METODOLOXÍA:
Curso 100% en liña de 50 horas de duración, con acceso 24 horas todos os días da semana, garantindo a máxima flexibilidade de horarios.
É un curso intuitivo e fácil de usar, con contidos creados por Oxford University Press, que che axudará a desenvolver as túas destrezas de lectura, escritura e fala coa axuda dun profesor virtual.
Ao inicio do curso, o alumno terá un Webinar de Benvida por parte do titor e servizo de titorías vía correo electrónico durante todo o curso do que poderá dispoñer mentres fai o curso no horario que mais lle conveña.
Cada curso consta de 12 unidades básicas con autoavaliacións. Así mesmo o alumno ten dispoñible durante todo o curso recursos extras como Business Videos, Works mails, Articles, Working Culture, Phrasal Verbs, etc e o Diccionario Oxford Wordpower online.
Como novidade o curso ofrece de xeito opcional 3 clases de conversa individualizadas con flexibilidade horaria para os alumnos/as. Os programas das clases de conversa abarcarán temáticas de ambito turístico adaptado a cada nivel como: o Camiño de Santiago, Customer service, Culture and Tradition, Road Trips, Hotels, At the Airport, the weather etc. Os alumnos/as que queiran acceder a estas clases de conversa opcionais, deberán reservar a súa praza no formulario de inscrición.
NIVEL DE IDIOMA DO CURSO:
Hai un total de 12 niveis dispoñibles, dende o A1 ate o C1+ ( De iniciación, medio, alto e perfeccionamento)
Cada alumna/o unha vez seleccionada/o realizará unha proba inicial de inglés, que determina o seu nivel para o curso.
Están exentos de facer a proba de nivel, os que teñen algunha certificación do curso de inglés de Turismo de Galicia de edicións pasadas (2021, 2022, 2023 e 2024) e poderán solicitar praza no nivel superior ao superado. Debe marcar esta condición ao facer a solicitude.
DATAS:
Solicitude de praza: do 9 ao 26 de Xaneiro
Confirmación admitidos: 27 de Xaneiro
Inicio do curso: 6 de Febreiro
Duración do curso: do 6 de Febreiro ao 11 de Abril
Exame: Do 22 ao 25 de Abril (a elexir día e hora). Duración: 1 hora.
Nº CURSOS: 12 ( un de cada nivel)
Nº PRAZAS: 100
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse cos seus clientes.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 50 horas de formación no nivel que corresponda as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o test de autoavaliación final.
Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final en liña na Plataforma de Turismo de Galicia, en horario libre, que poderá facer entre o luns 16 e o venres 20 de decembro ate as 14:00 horas.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Solicitude de praza: FAGA CLICK AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal