CALIDADE TURÍSTICA

03 out 2023

CURSO ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS NIVEL 1) 2 . (20 HORAS)

Pechado

CURSO ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS  (NIVEL I)

Para solicitar praza: Pique aquí

 

Programa

 

Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación con persoas xordas  co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.

CURSO NIVEL I:  ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS PARA PERSOAS XORDAS 

DATA: Do 3 de outubro ao 2 de novembro de 2023

HORARIO: Os martes e xoves de 10:00 a 12:00 con clases a través de aula virtual. Obrigatorio conectarse nas horas do curso.

3, 5, 10, 17, 19, 24, 26 ,31 de outubro

2 e 7 novembro

Exame: do 8 ao 10 de novembro


Nº PRAZAS: 14

CONTIDOS:

O curso ten unha duración de 20 horas, e combinará formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes non só á lingua de signos, senón tamén á realidade social e cultural da comunidade xorda.

Contidos teóricos:

  • Achegamento á comunidade xorda: aclaración de conceptos.
  • A xordeira e a xordocegueira: definición e clasificación.
  • Atención a persoas xordas no ámbito do sector turístico.
  • Recursos profesionais e recursos técnicos de interese.
  • Nocións básicas de gramática da Lingua de Signos Española. 

Contidos prácticos:

  • Alfabeto dactilolóxico da LSE.
  • Saúdos e presentacións.
  • Pedir e dar información persoal.
  • As persoas: descrición persoal e estados de ánimo.
  • Actividades  básicas da vida cotiá.
  • Viaxes e medios de transporte.


METODOLOXÍA:
Curso telepresencial con clases en directo nas que os docentes realizarán as explicacións dos contidos teóricos e prácticos, resolverán as dúbidas do alumnado e se realizarán actividades prácticas de carácter individual e grupal. O alumnado do curso terá á súa disposición material audiovisual de repaso e práctica.

DESTINATARIOS: Persoal do sector turístico de Galicia que desexe adquirir coñecementos básicos sobre a comunidade xorda e a lingua de signos e adquirir destrezas comunicativas que faciliten a atención ás persoas xordas e xordocegas no ámbito do sector turístico.

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector turístico de Galicia.

REQUISITOS  TECNOLÓXICOS:
Dispoñer dun dispositivo informático con cámara e micrófono (ordenador ou tableta).
Dispoñer de conexión a internet.
Conectarse ás clases coa cámara acendida para que os docentes podan realizar o seguimento e avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para obter o certificado. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos realizarase mediante unha proba tipo test e os coñecementos prácticos mediante a avaliación continua dos exercicios prácticos propostos polos docentes e realizados ao longo do curso, tendo que superar ambas partes para obter certificado.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 20 horas os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 
INSCRICIÓN:

Para solicitar praza:Pique aquí
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

¡

 

 

Arriba