CALIDADE TURÍSTICA

20 mar 2024

FOTOGRAFIAS CO SMARTPHONE, SNAPSEED E GOOGLE FOTOS (1 HORA)

Pechado

FOTOGRAFIAS CO SMARTPHONE, SNAPSEED E GOOGLE FOTOS (1 HORA)

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Neste curso aprenderás os principios básicos da fotografía co teu smartphone e como mellorar a calidade e o resultado das túas fotos. En primeiro lugar, coñecerás algúns dos principios fundamentais da fotografía e o equipo necesario para obter mellores resultados.
 
En segundo lugar, aprenderás a utilizar Snapseed, unha das aplicacións máis populares para a edición de fotos, tanto en dispositivos Android como iOS. Ademais, descubrirás todo o potencial que ofrece Google Fotos, non só para organizar as túas fotos, senón tamén como copia de seguridade de todo o que gardes na túa galería.
 
Para terminar, nesta formación terás a oportunidade de realizar exercicios prácticos utilizando a documentación e os vídeos do curso. Esta pílula de formación é imprescindible para calquera profesional do sector turístico que busque mellorar as súas habilidades en fotografía co smartphone.


DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba