CALIDADE TURÍSTICA

29 set 2025

CURSO ALEMÁN TURÍSTICO (Nivel A1)

24 setembro 2025

CURSO ALEMÁN TURÍSTICO (Nivel A1)

Para solicitar praza: FAI CLIC AQUI

 

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego. O Curso permitirá aos participantes iniciar a formación en lingua alemana e aprender a comunicarse de modo máis efectivo con clientes mellorando a comunicación e a atención aos turistas que visitan Galicia.

O curso de Alemán Turístico Básico, de 75 horas de formación,  permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua alemá  ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás, dunha maneira autónoma, como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación, os nomes e outros. Aumentarás os teus coñecementos neste novo idioma para empezar a atender clientes en alemán.

METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A1 introdución


DATAS:

Solicitude de praza: do 1 ao 24 de setembro

Confirmación admitidos: 25 de setembro

Duración do curso: Do 29 de setembro ao 4 de decembro (10 semanas)

Exame: do 10 ao 12 de decembro

 
Nº PRAZAS:
100


DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua francesa para comunicarse con turistas e peregrinos.

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final  en liña, en horario libre, que poderá facer entre o mércores 10 e o venres 12 de decembro.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:

Solicitude de praza: FAI CLIC AQUI

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

 

Arriba