MASTERCLASS DO GIN-TONIC AO SPRITZ: UN ROTEIRO POLAS BEBIDAS EN TENDENCIA
Pechado
MASTERCLASS DO GIN-TONIC AO SPRITZ: UN ROTEIRO POLAS BEBIDAS EN TENDENCIA
Solicitude de praza: FAI CLIC AQUI
Programa
Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúese esta MasterClass de especialización en servizos de restauración e bebidas, co obxectivo de mellorar a xestión, a creatividade e a experiencia do cliente nos establecementos hostaleiros galegos.
A actividade impártese en colaboración co Instituto Galego do Viño (INGAVI), entidade de referencia no ámbito da formación e innovación en bebidas, coctelería e cultura líquida.
Modalidade: Presencial
Duración: 4 horas
Data: 11 de novembro de 2025
Horario: De 17:00 a 21:00 h
Lugar: Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), A Barcia – Santiago de Compostela
OBXECTIVOS DA MASTERCLASS
O consumo líquido está a evolucionar: o cliente actual busca experiencias, emocións e momentos detrás de cada trago. Nesta MasterClass exploraremos como adaptar a oferta de bebidas ás novas tendencias do mercado, aprendendo a crear propostas reproducibles, visuais e rendibles.
Ao longo da sesión analizaranse os momentos de consumo, os perfís de público e as novas normas sociais que están a redefinir a maneira na que desfrutamos dunha bebida. Desde o aperitivo ata o afterwork, do cóctel de autor ao spritz máis fotoxénico, descubrirás como conectar co teu cliente a través do deseño líquido.
Tamén aprenderás os principios da inxeniería de menú aplicada ao bar, como optimizar custos sen perder calidade e como deseñar unha carta líquida atractiva e coherente.
Levarás ferramentas prácticas para:
- Maximizar a rendibilidade de cada trago.
- Actualizar e mellorar a túa carta líquida.
- Crear experiencias memorables que fidelicen ao cliente.
- Detectar oportunidades nas novas tendencias e hábitos de consumo.
FORMADOR:
- Diego Mosquera – Responsable de I+D en Green Mixology, docente en escolas de hostalería, asesor e consultor no sector da restauración.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Esta é unha MasterClass pensada para profesionais do bar, da hostalería e da restauración que desexen evolucionar a súa proposta e conectar coas novas xeracións de consumidores.
REQUISITOS E CRITERIOS DE SELECCIÓN
Esta MasterClass está dirixida exclusivamente a profesionais que traballan en establecementos hostaleiros en Galicia. Para garantir un grupo o máis equilibrado e axeitado posible aos obxectivos da formación, aplicarase un proceso de selección baseado nos seguintes criterios:
- Vinculación profesional: Ter experiencia ou estar en activo no ámbito da hostalería en Galicia. (Imprescindible presentar vida laboral o xustificante da empresa)
- Perfil axeitado ao curso: Valorarase especialmente a persoas que desenvolvan función en sala, barra, cocina ou dirección de negocios gastronómicos.
- Interese e motivación: Solicitarase unha breve carta de motivación (3-5 liñas) na que a persoa candidata mostre o seu interese e aplicación dos contidos do curso.
- Equilibrio de perfís: Conformaráse un grupo diverso con profesionais de distintas áreas (servizo, cociña, sumillería, dirección, formación…)
Entre as candidaturas que cumpran todos os requisitos anteriores, terase en conta a orde de chegada e correcta cumplimentación da solicitude de praza no curso.
Co obxectivo de maximizar o alcance do curso e permitir a asistencia de profesionais de diferentes empresas, establécese o criterio de limitar a participación a unha persoa por empresa. Deste xeito, se unha mesma entidade presenta varias solicitudes, a organización do curso seleccionará únicamente a unha delas.
Unha vez finalizado o proceso de inscrición, comunicarase a resolución ás persoas seleccionadas mediante correo electrónico, asi como aos candidatos non seleccionados que queden na listaxe de agarda.
PREZO:
Actividade financiada ao 100% por Turismo de Galicia. Prazas limitadas.
INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 24 de outubro ao 9 de novembro de 2025, ou ata cubrir prazas.
Para formalizar a túa inscrición, accede ao formulario dispoñible:FAI CLIC AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal