CALIDADE TURÍSTICA

09 dec 2025

MASTERCLASS: VIÑOS PARA O NADAL

Pechado

MASTERCLASS: VIÑOS PARA O NADAL

Impulsa as túas vendas na campaña máis importante do ano

Solicitude de praza: ----CURSO COMPLETO, SEN PRAZAS DISPOÑIBLES----

Programa

Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúese a formación técnica de especialización en restauración e bebidas, cuxo obxectivo é mellorar a profesionalización, a calidade e a competitividade do sector hostaleiro galego.

Neste marco, preséntase a Masterclass “Viños para o Nadal, impulsa as túas ventas na campaña máis importnte do ano ”, unha actividade formativa presencial orientada a potenciar os coñecementos e habilidades dos profesionais da restauración na selección, recomendación e venda de viños durante a campaña máis importante do ano.

A formación impártese en colaboración co Instituto Galego do Viño (INGAVI), entidade de referencia no ámbito da restauración e da cultura vitivinícola en Galicia.
 

  • Modalidade: presencial
  • Duración: 4 horas
  • Data: 9 de decembro de 2025
  • Horario: de 17.00 a 21.00 horas
  • Lugar: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), A Barcia – Santiago de Compostela
     

OBXECTIVOS DA MASTERCLASS

O Nadal é unha das épocas máis decisivas para o sector da restauración: o momento no que os clientes esperan o mellor e no que se concentran as maiores oportunidades de venda.

Esta masterclass intensiva de 4 horas ofrecerache os coñecementos e as estratexias clave para seleccionar, recomendar e vender viños con éxito durante a campaña de Nadal, potenciando a experiencia do cliente e a rendibilidade do establecemento.

Durante a sesión aprenderás a:
 

  • Detectar os viños máis demandados nestas datas e adiantarte ás tendencias.
  • Comprender como cambia o comportamento do cliente e aproveitar esa oportunidade para incrementar as vendas.
  • Coñecer por que os viños premium triunfan no Nadal e como comunicalos de forma efectiva.
  • Identificar distintos perfís de cliente e adaptar as recomendacións a cada un.
  • Escoller o viño idóneo para cada momento do menú de Nadal, reforzando a experiencia gastronómica.
  • Mellorar as túas habilidades de maridaxe e recomendar con seguridade.
  • Deseñar unha carta de viños equilibrada, atractiva e pensada para vender máis.

A sesión inclúe tamén unha cata exclusiva de 8 viños premium en tendencia, que abranguerá:
 

  • Espumosos de gran nivel
  • Brancos gastronómicos
  • Tintos de máxima actualidade
  • Viños doces nobres para ocasións especiais

FORMADOR:

  • Xoan Cannas – Director do Instituto Galego do Viño (INGAVI).

PERSOAS DESTINATARIAS:

Esta formación está dirixida a profesionais da hostalaría e da restauración que desexen potenciar as súas vendas e ofrecer unha experiencia navideña de alto nivel aos seus clientes.

En concreto, está orientada a:

  • Camareros/as e persoal de sala que queiran mellorar a súa capacidade de recomendación e maridaxe.
  • Sumilleres e responsables de bebidas interesados en actualizar tendencias e reforzar criterios técnicos.
  • Xerentes e propietarios/as de restaurantes, bares e hoteis que busquen optimizar a súa carta de Nadal e aumentar a rendibilidade do seu negocio.

REQUISITOS E CRITERIOS DE SELECCIÓN

Esta MasterClass está dirixida exclusivamente a profesionais que traballan en establecementos hostaleiros en Galicia. Para garantir un grupo o máis equilibrado e axeitado posible aos obxectivos da formación, aplicarase un proceso de selección baseado nos seguintes criterios:

  • Vinculación profesional: Ter experiencia ou estar en activo no ámbito da hostalería en Galicia. (Imprescindible presentar vida laboral o xustificante da empresa)
  • Perfil axeitado ao curso: Valorarase especialmente a persoas que desenvolvan función en sala, barra ou dirección de negocios gastronómicos.
  • Interese e motivación: Solicitarase unha breve carta de motivación (3-5 liñas) na que a persoa candidata mostre o seu interese e aplicación dos contidos do curso.
  • Equilibrio de perfís: Conformaráse un grupo diverso con profesionais de distintas áreas (servizo, cociña, sumillería, dirección, formación…)

Entre as candidaturas que cumpran todos os requisitos anteriores, terase en conta a orde de chegada e correcta cumplimentación da solicitude de praza no curso.

Co obxectivo de maximizar o alcance do curso e permitir a asistencia de profesionais de diferentes empresas, establécese o criterio de limitar a participación a unha persoa por empresa. Deste xeito, se unha mesma entidade presenta varias solicitudes, a organización do curso seleccionará únicamente a unha delas.

Unha vez finalizado o proceso de inscrición, comunicarase a resolución ás persoas seleccionadas mediante correo electrónico, asi como aos candidatos non seleccionados que queden na listaxe de agarda.

PREZO:

Actividade financiada ao 100% por Turismo de Galicia. Prazas limitadas.

INSCRICIÓN:

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 2 ao 8 de decembro de 2025, ou ata cubrir prazas.

Para formalizar a túa inscrición, accede ao formulario dispoñible: ----CURSO COMPLETO, SEN PRAZAS DISPOÑIBLES----

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba